Sunday 05 de May de 2024

A Panadaría subirá ás táboas do Elma coa función As que limpan


As artes escénicas volven ao teatro cine Elma no día 20, ás 19.00 horas, coa función As que limpan, da compañía A Panadaría, ao abeiro do ciclo teatral artellado para o mes de novembro na Pobra do Caramiñal.

A dita peza parte dun letreiro pendurado no manubrio dun cuarto no cal se le “Por favor, arranxe o cuarto.” Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. A obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadaren uns dereitos laborais e sociais xustos.

A entrada é libre ata completa-la cabida.

Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.